Novas

Grazas A-Vós – Charla Con Raquel Iglesias (UNED Lugo)

No marco do Proxecto Grazas A-Vós, os usuarios e usuarias das residencias públicas de maiores da @xuntagalicia en Lugo, As Gándaras e A Milagrosa, gozaron da charla “Lugo, Cidade Patrimonio: Un Tesouro da Humanidade”.

Da man de Raquel Iglesias Rodríguez, profesora do Grao de Historia da Arte na @unedlugo, mergullámonos na riqueza histórica e cultural da nosa cidade, coñecendo máis sobre o seu valor patrimonial.

Tivemos a honra de contar coa presenza de Ana Traseira, Directora da @unedlugo, e de Óscar Viñas, director da Consellería de Política Social da @xuntagalicia na provincia de Lugo, que nos acompañaron nesta xornada de divulgación e aprendizaxe.

Desde a Fundación Breogán, seguimos achegando coñecemento e cultura ás nosas persoas maiores, para que sigan aprendendo e desfrutando da nosa historia.