Novas

Ningún Aro Sen Rede (23/24) – CEIP de CASÁS

Onte estivemos no CEIP de CASÁS pasando unha divertida mañá cos preto de 70 rapaces e rapazas que se amosaron moi colaborativos e implicados durante toda a actividade.

A Directora da UNED, Ana Traseira e o Director da Fundación Breogán, Salva Arco, explicaron coma sempre en que consiste o proxecto Ningún Aro Sen Rede, logo de colocar as 4 econets de ECOBALLUTION nas súas canastras e de facerlles entrega do contedor de reciclaxe.

O encargado de probar as redes nesta ocasión foi o base do C.B. Breogán, Conner Frankamp, que igualou o récord establecido por Erik Quintela a pasada semana, facendo un 7/10 en triplas.

Os/as escolares que apostaron por Conner foron premiados con varios agasallos do C.B. Breogán.

Pero coma sempre houbo máis “competicións” e moitos agasallos da UNED e do club.

A fase importante do proxecto comeza ahora para os rapaces e rapazas do CEIP de Casás, xa que ata o remate do presente curso 23/24 terán que amosarnos o implicados que están coa reciclaxe e co medio ambente e encher ese contedor de material de escritura para reciclar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *