Novas

Fase Previa Minicopa Endesa 2023 – Preselección

Dende este momento e ata as 20:00 h. do xoves día 26 de outubro, quedan abertas as inscricións para asistir ao adestramento no que se realizará a preselección dos integrantes do equipo de categoría infantil que representará á FUNDACIÓN BREOGÁN e ao C.B. BREOGÁN na fase previa da Minicopa da Liga Endesa.

A sesión terá lugar no Colexio Diocesano San Lorenzo de Lugo o vindeiro 1 de novembro e en horario de tarde (hora exacta pendente de determinar).

A ligazón ao formulario de inscrición é a seguinte https://forms.gle/DzTzjN1pUqJmUdAf6 e podedes atopalo tamén nas nosas historias destacadas de Instagram e na nosa web, no apartado “INSCRICIÓNS”: https://fundacionbreogan.org/inscricions-2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *