Novas

Ningún Aro Sen Rede – CEIP Benigno Quiroga Ballesteros

Nova visita do Proxecto 𝗡𝗶𝗻𝗴ú𝗻 𝗔𝗿𝗼 𝗦𝗲𝗻 𝗥𝗲𝗱𝗲, desta volta no CEIP Benigno Quiroga Ballesteros! 🏀♻️

O alumnado de 3º e 4º de Primaria recibiu a Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán, que lles explicou de maneira sinxela e cercana como funciona o concurso e por que reciclar é tan importante.

Tras colocar as redes recicladas de @ecoballution, o ambiente encheuse de entusiasmo co concurso de tiro… e tamén coa repartición dos agasallos, que sempre fan ilusión e reforzan o bo facer do alumnado.

Un pracer visitar o centro e atopar tanto interese polo coidado do planeta. Grazas por unha mañá chea de enerxía positiva! 💙♻️