Novas

Ningún Aro Sen Rede – CEIP Menéndez Pelayo

O Proxecto 𝗡𝗶𝗻𝗴ú𝗻 𝗔𝗿𝗼 𝗦𝗲𝗻 𝗥𝗲𝗱𝗲 chegou ao CEIP Menéndez Pelayo cunha mañá chea de aprendizaxe, deporte e diversión! 🏀♻️

O alumnado de 3º de Primaria puido coñecer de primeira man como funciona o concurso grazas ás explicacións de Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán… e, como non, coa presenza indispensable do noso querido @maximusbreo, auténtico embaixador da reciclaxe e animador incansable do proxecto. 🦁✨

Despois chegou o momento de instalar as novas redes recicladas de @ecoballution nas canastas do colexio. E para estrealas… nada mellor que un animado concurso de tiro no que o alumnado puxo toda a súa ilusión e puntería. 🏀

A xornada rematou coa tradicional entrega de agasallos, que sempre lle dan un toque especial ao final da actividade: Minimáximus, bufanda do @cbbreogan e adhesivos do León Reciclón para todos e todas.

Moitas grazas ao CEIP Menéndez Pelayo pola súa fantástica acollida! Agora… a reciclar e a coidar do planeta día a día. 💙