Nova visita do proxecto 𝗡𝗶𝗻𝗴ú𝗻 𝗔𝗿𝗼 𝗦𝗲𝗻 𝗥𝗲𝗱𝗲, nesta ocasión á fermosa Terra Chá, onde nos achegamos ao CEIP de Bretoña, no Concello da Pastoriza. 🏀♻️
A sesión arrancou coa explicación do proxecto e do funcionamento do concurso, da man de Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán, e de Alejandro Rodríguez (UNED Lugo), que conectaron co alumnado e convertiron a charla nun momento entretido e moi cercano.



Coas redes recicladas de @ecoballution xa colocadas nas canastas, chegou a parte máis activa da mañá: o concurso de tiro, no que rapaces e rapazas puxeron toda a súa enerxía… aínda máis coa presenza de Máximus, que encheu o patio de sorrisos e entusiasmo.
Para poñer o broche final, repartíronse os agasallos, sempre unha motivación extra e un detalle que recoñece o bo facer do alumnado.
Grazas ao CEIP de Bretoña pola acollida, o interese e o compromiso co deporte e coa sustentabilidade. Un pracer compartir con vós esta mañá tan especial! 💙♻️


