Novas

Ningún Aro Sen Rede – CEIP Rosalía de Castro, Lugo

5º centro educativo que se suma ó proxecto no que imos da man ca UNED de Lugo e Ecoballution.

A quenda nesta ocasión foi para o CEIP Rosalía de Castro de Lugo, que recibiron as redes recicladas #econets de Ecoballution para as súas canastras e o contedor de reciclaxe.

Coma sempre, explicaron en qué consiste este proxecto o Director da Fundación, Salva Arco e a Directora da UNED de Lugo, Ana Traseira.

Para a comprobación de rigor das novas redes (e para asinar autógrafos), contamos ca presenza do xogador do C.B. Breogán, Víctor Arteaga. Ben asistido, eso si, por tódolos rapaces e rapazas (e as súas mestras) que participaron nas distintas competicións que lles propuxemos.

Preme aquí para seguir a ligazón a tódalas visitas realizadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *