Novas

Peche da 4ª Experiencia Breogán 2025

Este pasado sábado puxemos o punto final a unha nova Experiencia Breogán que nos levou a coñecer de preto o extraordinario labor de acompañamento e apoio que realiza o Centro San Vicente de Paúl, da man da nosa Empresa Benefactora, o Grupo Ditram.

Usuarios e responsables do Centro viviron un día moi especial gozando do partidazo entre o CB Breogán e o San Pablo Burgos desde o palco VIP da Fundación 🏀💙

No EsPazo Fundación, o Centro contou cun stand informativo onde compartiron parte do traballo terapéutico e ocupacional que desenvolven diariamente.

Durante un dos descansos do encontro, Rubén Gil, xerente do Grupo Ditram, fixo entrega á representación do Centro dun recoñecemento ao seu compromiso e esforzo continuado. O Pazo acolleu o momento cun cálido aplauso que encheu de emoción a todos e todas.

Grazas por ser exemplo de superación, dedicación e humanidade. Seguimos construíndo experiencias que unen e transforman 💙