Novas

Ningún Aro Sen Rede – Escola de Educación Infantil Fingoi 2

O venres achegámonos ó Centro de Educación Infantil FINGOI 2, un novo centro escolar que se suma ó proxecto Ningún Aro Sen Rede.

Na visita estiveron presentes a Directora da Uned de Lugo, Ana Traseira, o Director da Fundación Breogán, Salva Arco e un convidado moi especial, o xogador do C.B. Breogán, Sergi Quintela, que compartíu c@s pequen@s (e cas súas mestras) unha divertida sesión de tiro e moitos sorrisos.

Os 30 nenos e nenas do Fingoi 2, xa desfrutan dunha nova rede Econet de Ecoballution na súa canastra e xa están comezando a empregar o contedor de reciclaxe que lles entregamos.

Ó remate houbo agasallos para todos, incluidos pósters do C.B. Breogán asinados por Sergi.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *