AROS é a aposta da Fundación Breogán e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo por un baloncesto inclusivo dirixido a persoas adultas con capacidades diferentes, utilizando o deporte como ferramenta de integración, benestar e desenvolvemento persoal.
Tras os primeiros pasos dados na súa tempada inaugural, o proxecto continúa medrando da man de entidades que comparten unha mesma visión: construír espazos onde todas as persoas poidan participar, aprender e sentirse parte dun equipo.
A través das súas catro vertentes —AROS Vida, AROS Luz, AROS Futuro e AROS Saúde— traballamos xunto a COGAMI Lugo, Raiolas Lugo, Down Lugo, Dano Cerebral Lugo e o Hospital de Día de Saúde Mental do HULA para seguir avanzando cara a unha sociedade máis inclusiva.
No curso 2026/27 celebraremos a súa 2ª tempada, consolidando unha iniciativa que entende o deporte como un punto de encontro entre persoas, capacidades e ilusións.
💙 Todos temos un aro que alcanzar.
