CHAN COMÚN converteuse na primeira iniciativa de baloncesto Mixed Ability de Galicia, un modelo pioneiro que reúne nun mesmo equipo a persoas con e sen discapacidade, compartindo a mesma pista, os mesmos adestramentos e a mesma experiencia deportiva.
Un proxecto impulsado pola Fundación Breogán, co patrocinio de Pazo de Vilane e coa Fundación Dignidade como partner deportivo, que aposta por unha inclusión real baseada na convivencia, na participación e no respecto mutuo.
Porque a verdadeira inclusión non consiste en abrir espazos separados.
Consiste en construír espazos comúns.
No curso 2026/27 celebraremos a súa 2ª tempada, consolidando unha iniciativa pioneira en Galicia e referente dunha maneira diferente de entender o deporte.
💙 Xunt@s de verdade.
