Ningún Aro Sen Rede – Resultados Curso 23/24.
Rematada a segunda edición do proxecto NINGÚN ARO SEN REDE soamente temos palabras de agradecemento para tódolos centros educativos participantes, que acadaron unhas cifras que multiplican por 10 os resultados do curso 22/23.
Os colexios máis “recicladores” foron: en 3ª posición o CEIP CASÁS (Lugo) con 15 Kg. 400 gr; 2ª o CPI VIRXE DO MONTE (Cospeito) con 15 Kg. 500 gr. e o noso campión foi o CEIP DE CELEIRO (Celeiro de Mariñaos), con nada menos que 22 Kg. 400 gr. de elementos de escritura recollidos, que pasarán a ter unha nova vida útil no futuro.
Como premio á súa altísima concienciación e educación medioambiental, os gañadores terán á súa disposición os fantásticos premios logo da vacacións de verán, coincidindo co inicio do curso 24/25.
Agardamos que o proxecto NINGÚN ARO SEN REDE teña continuidade no vindeiro curso. De ser así, abriremos o período de inscrición no mes de setembro, así que animamos a tódolos centros de Lugo capital e provincia, a que se unan a nós para ter un mundo máis sostible, que aposte pola economía circular e para optar aos novos agasallos.