Un proxecto da Fundación Breogán, en colaboración coa UNED Lugo e Ecoballution.

Comezamos a terceira tempada deste proxecto baseado na economía circular e na reciclaxe, no que volveremos a visitar 10 Centros Educativos de Lugo capital e provincia ao longo do curso 2024/25.

Programa de recollida de instrumentos de escritura.

Bases detalladas para o curso escolar 2024/25

Ano 2022

Ano 2023

Ano 2024

 

5 novembro 2024 - CEIP PLURILINGÜE POETA AVELINO DÍAZ - MEIRA - Primeira visita do curso 24/25
8 novembro 2024 - CPR COLEXIO FRANCISCANOS - LUGO 
12 novembro 2024 - CPR COLEXIO CERVANTES - LUGO 
14 novembro 2024 - CEIP PLURILINGÜE DE XERMADE - XERMADE
14 novembro 2024 - CEIP PLURILINGÜE DE LAGOSTELLE - CONCELLO DE GUITIRIZ
19 novembro 2024 - COLEXIO MARISTAS A INMACULADA - LUGO
21 novembro 2024 - CPR PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN - CONCELLO DE SARRIA
21 novembro 2024 - CEIP PLURILINGÜE DE MONFORTE DE LEMOS
2 decembro 2024 - CEIP AS NOGAIS
2 decembro 2024 - CPI UXÍO NOVONEIRA - PEDRAFITA DO CEBREIRO
RESULTADOS CURSO 24/25

Foron moitos meses de esforzo, colaboración e conciencia ambiental, e hoxe queremos agradecer a participación de todos os centros e anunciar os 3 centros gañadores desta edición, que acadaron as maiores cantidades recollidas:

🥇 1º Premio: Colexio Plurilingüe Franciscanos – Lugo (20,8 kg)
🥈 2º Premio: CEIP Plurilingüe Lagostelle – Guitiriz (12,2 kg)
🥉 3º Premio: CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción – Sarria (11,5 kg)

👏 Parabéns aos gañadores e grazas tamén ao compromiso de:

📍 CEIP Plurilingüe de Xermade – 11,0 kg
📍 CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz – Meira – 8,2 kg
📍 Colexio Maristas A Inmaculada – Lugo – 6,4 kg
📍 CPR Plurilingüe Cervantes – Lugo – 6,2 kg
📍 CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos – 1,0 kg
📍 CPI Uxío Novoneira – Pedrafita do Cebreiro – 0,35 kg
📍 CEIP As Nogais – 0,30 kg

🌍 Cada bolígrafo, rotulador ou lapis recollido é un paso máis cara a un futuro sostible. Grazas por demostrar que ningún aro queda sen rede cando traballamos xuntos!
ENTREGA DE PREMIOS CURSO 24/25

Onte celebrouse o acto de entrega dos premios do III Concurso “Ningún Aro Sen Rede”, correspondente ao curso 24/25.

O director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, fixo entrega dos recoñecementos aos representantes dos centros educativos gañadores:

🏀 1º David – Colexio Franciscanos Lugo.
🏀 2º Jorge – CEIP Plurilingüe Lagostelle.
🏀 3º Irene – Colexio Asunción Sarria.

Os premios inclúen:
🏆 Trofeos personalizados de Oartesan3D.
🎟️ Invitacións para presenciar partidos do CB Breogán esta tempada.
📚 Vales para libros de temática ambiental.
♻️ Un lote de redes recicladas.

No acto contamos coa presenza da directora da UNED Lugo, Ana Traseira, e de Alejandro Rodríguez, en representación da institución.

📢 Moi pronto anunciaremos as renovadas bases de participación para o curso 25/26 e abriranse as inscricións.

INICIO CURSO 25/26

Arrinca o 4º curso 25/26 do Proxecto da Fundación Breogán, en colaboración coa UNED Lugo e Ecoballution – Ningún Aro Sen Rede.

Un proxecto pioneiro baseado na economía circular e na reciclaxe, que combina aprendizaxe, creatividade e sustentabilidade.

📍 Ao longo deste curso 2025/26 volveremos a visitar 8 Centros Educativos de Lugo capital e provincia, compartindo co alumnado valores de coidado do medio, innovación e responsabilidade social.

📩 Contacta coa FUNDACIÓN BREOGÁN en inscripciones@fundacionbreogan.org como responsable do teu Centro Educativo.


📝 Indica:

  • Cantas redes necesitas (máximo 5 canastras).
  • O número de alumnos/as participantes.

Visitaremos o teu centro coas redes e co contedor de reciclaxe, e xa estaredes a participar!