✨ Xa está aquí o número 10 de Eu Son Fundación! ✨
Os nosos socios, socias, empresas benefactoras e entidades colaboradoras xa comezan a recibir este novo exemplar do boletín trimestral da Fundación Breogán.
Neste número repasamos un trimestre cheo de momentos únicos: vitorias dentro e fóra da pista, adestramentos con moito corazón, visitas especiais, colaboracións inesquecibles e a forza do voluntariado que fai posible cada proxecto 🏀🤝
📬 Se formas parte da nosa comunidade… revisa a túa caixa de correo!
📲 E se queres descubrilo tamén en dixital, moi pronto estará dispoñible na nosa web.
Porque cada páxina conta unha historia… e todas falan de nós.
