Novas

Proxecto Cris Seijo – Liga veteranas 01/05/25

Sexta vitoria consecutiva das rapazas do Cris Seijo!

Onte no Anexo, as rapazas que forman parte da vertente deportiva do Proxecto Cris Seijo recibiron ao C.B. San Pelayo e impuxéronse con claridade por 56-27, nun novo encontro da Liga @autocares_riasbaixas de Veteranas 24/25.

Con esta, xa van seis vitorias en seis partidos, mantendo a racha impecable dun grupo que non só compite, senón que inspira.

Máis alá do marcador, este equipo segue demostrando que o baloncesto é unha paixón sen caducidade. As xogadoras seguen competindo con intensidade, pero sobre todo desfrutando, aprendendo e facendo piña.