Novas

No Proxecto Grazas A-Vós… non hai idade para moverse!

Esta semana tivemos unha nova sesión de mobilidade e actividade física nas residenciasda Xunta de Galicia de As Gándaras e A Milagrosa, e o resultado foi claro: máis movemento, máis risas e máis ganas de seguir sumando momentos xuntos.

Entre estiramentos, xogos e exercicios adaptados, os nosos avós e avoas demostraron que a enerxía non entende de anos, e que cada sesión é unha festa onde o corpo esperta e o corazón se alegra.

Da man da nosa adestradora Raquel Asensio, seguimos traballando para estimular corpo e mente, sempre desde o respecto, o cariño e a diversión.

Porque neste proxecto, o importante non é só moverse… é gozalo xuntos. 💙

GrazasAVós – Grazas por tanto!