Novas

Nº13 Boletín “Eu Son Fundación”

📬 A partir de hoxe, as nosas persoas e empresas benefactoras e colaboradoras comezarán a recibir o número 13 do boletín informativo EU SON FUNDACIÓN.

Chega unha nova edición de Eu Son Fundación, correspondente ao último trimestre de 2025, un período moi especial para nós: catro anos construíndo futuro.

Neste número, compartimos un trimestre especialmente intenso e produtivo, no que levamos a cabo 13 proxectos e 3 colaboracións, consolidando iniciativas xa existentes e abrindo novas oportunidades para contribuír á sociedade lucense. Este boletín recolle os fitos máis relevantes deste período e reflicte o compromiso, a constancia e a ilusión do equipo da Fundación e de todas as persoas e entidades que nos acompañan. 💙

🔎 Podedes consultar todos os números anteriores en:

👉 https://fundacionbreogan.org/boletin-2

Grazas por seguir formando parte deste camiño común.