Unha fin de semana para lembrar!

NÓS BALONCESTO participou no XXXII Trofeo Villa de Avilés BSR, unha experiencia moi especial para seguir medrando como equipo, compartir pista con outros clubs e continuar descubrindo todo o que nos pode ofrecer o baloncesto en cadeira de rodas.

Queremos agradecer á Asociación COSA NUESA ALPE Asturias a invitación, a organización e, sobre todo, a acollida. Foi un pracer formar parte desta cita e levar connosco tantos bos momentos.

Volvemos a casa con máis experiencia, novas amizades e moitas ganas de seguir xogando. ¡Isto non para!

📸 Fotos: Javier Bárcena ©