Novas

Nova empresa colaboradora – Serigrafía EO

Dende a Mariña lucense, dende Ribadeo, chéganos unha nova Empresa Colaboradora da Fundación Breogán.

SERIGRAFÍA EO realiza serigrafía tradicional e impresión dixital. Todo tipo de agasallo publicitario para calquer evento, empresa ou asociación, con asesoramento persoalizado ,fan de @serigrafia_eo unha das máis antigas do mercado no sector das artes gráficas, con 31 anos de experiencia.

No seu taller de Vilaselán atoparedes esta empresa orgullosa da súa orixe e comprometida co medio ambente.

Moitas grazas!