Onte visitamos a Mariña Lucense co proxecto Ningún Aro Sen Rede, e fixémolo por partida dobre.
A primeira parada levóunos ata o CEIP Gregorio Sanz, en Ribadeo. Alí agardaban @s alumn@s de 6º de primaria polo persoal da Fundación Breogán, encabezado polo noso Director, Salva Arco e en representación da Uned Lugo, Paula Fernández Moure.
Tamén nos acompañou Máximus, que no concurso de tiro non deixou en moi bo lugar ao C.B. Breogán, xa que fixo unha máis que mellorable serie de 2/10. Eso si, manifestou a súa intención de que a partir de agora ía a adestar arreo.