O @seijo.team, a vertente deportiva do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán, continúa o seu camiño nesta tempada chea de enerxía e moita ilusión.
Este domingo, 14 de decembro, as nosas guerreiras desprázanse a Santiago de Compostela para medirse ao Golden Cab La Salle nun encontro que promete intensidade e bo xogo.
💪 As nosas veteranas seguen demostrando que o espírito competitivo e a paixón polo baloncesto están máis vivos ca nunca. Imos a por outra grande batalla!