Onte a Fundación Breogán, fíxo a entrega dun lote de libros que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo repartirá entre ós clubes da provincia de Lugo. No acto estiveron presentes o Director da Fundación Breogán, Salva Arco, o Deputado de Deportes da Deputación de Lugo Efrén Castro e o xornalista Luís Timiraos.
A publicación, repasa a traxectoria dos cinco xogadores que lograron ser os máximos anotadores da primeira categoría do baloncesto español vestindo a camiseta do C.B.Breogán.
Como ben destacou Efrén Castro, é un contido que sen lugar a dúbidas lles gustará ós rapaces e rapazas que practican baloncesto, porque recolle unha parte moi importante da historia do C.B. Breogán.
Este anaco de espíritu breoganista, está promovido pola Fundación Breogán co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e recolle os textos dos xornalistas Luís Timiraos, Ovidio González, Roberto Prado e Óscar Losada – tamén responsable da edición-, con curiosidades e datos que trazan os perfís e os méritos deportivos de Alfredo Pérez, Bob Fullarton, Velimir Perasovic, Charlie Bell e Dzanan Musa.