Novas

Nuria Varela-Portas e Carmen Lence no Concello de Friol

A pesares da adversa climatoloxía vivida onte en Lugo, esta circunstancia non desanimou ó máis de medio cento de persoas que acudiron á charla de Nuria Varela-Portas (Xerente de Pazo de Vilane) e Carmen Lence (CEO de Río de Galicia) no Concello de Friol.

A maiores do Director da Fundación Breogán, Salva Arco, contamos ca presenza de José Ángel Santos, Alcalde de Friol; Mª de los Ángeles Buján, Concelleira de Cultura; Juan Ramón Varela, Concelleiro de Deportes e Felipe Barata, Director do CPI Dr. López Suárez de Friol.

A charla, conducida coma sempre pola xornalista María Nieto, abarcou varios temas, pero fíxose especial fincapé no papel da muller emprendedora no rural. Sen dúbida, as nosas dúas relatoras teñen moito que dicir e que aportar a este tema, como claras representantes do mesmo.

Proba do interese espertado e do valor das súas palabras, foron a multitude de cuestións que plantexaron os asistentes na derradeira parte do acto.

Concluimos a xornada facendo entrega ós/ás rapaces e rapazas que participaron nos adestramentos deste “Máis Que Basket No Rural”, no Concello de Friol, da camiseta conmemorativa, o diploma de asistencia e un OptiPro, cortesía de Río de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *