Quinto partido da Liga de Veteranas da FEGABA… e quinta vitoria para a vertente deportiva do Proxecto Cris Seijo.
Na súa visita ao Maristas Coruña, as nosas xogadoras, que representan con orgullo os valores da Fundación Breogán, impuxéronse esta fin de semana cun marcador de 41-61.
Esta é xa a quinta vitoria consecutiva desta iniciativa deportiva e social que conta co impulso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e que demostra que cando se mesturan paixón, traballo en equipo e compromiso social, os resultados chegan dentro e fóra da pista.


