Novas

Ocio e Deporte na Rúa – Praza Anxo Fernández 17/05/25

Hoxe vivimos unha nova e emocionante xornada do programa Ocio e Deporte na Rúa, enmarcado no proxecto +xTI 24-25 da @xuventudedeporteslugo do @concellolugo. Nesta ocasión, desfrutamos dunha marabillosa mañá chea de actividade e bo ambiente na Praza de Anxo Fernández.

🏃‍♂️Foi un pracer contar coa participación e colaboración de Eliseo Moreda, profesor de educación física no CEIP Albeiros, a quen queremos agradecer profundamente a súa entrega, entusiasmo e compromiso coa promoción do deporte e os seus valores.

Con esta penúltima cita da tempada, reafirmamos o noso obxectivo: fomentar hábitos de vida saudables, o compañeirismo e o respecto a través do deporte, facendo que o lecer activo chegue a todos os recunchos da cidade de Lugo.

📅 Agardamos con ilusión a derradeira xornada desta edición, coa mesma enerxía e ganas de compartir momentos únicos coa mocidade lucense!