Novas

Participacións Lotería de Nadal

Mañá domingo, xusto antes do emocionante encontro entre o C.B. Breogán e o Casademont Zaragoza, estaremos presentes nas portas 1 e 2 de acceso ao Pazo dos Deportes de Lugo, para algo máis que vender lotería. Colaborar coa Fundación Breogán Diversia non só che da a oportunidade de participar no sorteo de Nadal de 2023, senón que tamén che permite ser parte activa no desenrolo e futuro do equipo.

Neste xogo da solidariedade, cada boleto é un paso cara a un futuro mellor para aqueles que máis o necesitan. Porque, ao final do día, o premio máis valioso é o impacto positivo que podemos lograr xuntos.

Esperámoste o domingo a partir das 11:30 horas para compartir xuntos este momento especial e construír un futuro cheo de esperanza.