O proxecto “Ningún Aro Sen Rede”, que realizamos co respaldo de Ecoballution e da Uned Lugo, levou a maxia do baloncesto e a conciencia ambiental aos alumnos/as de 5º curso de primaria do CEIP Luis Pimentel de Lugo.
Acompañaron esta experiencia coma sempre, o Director da Fundación Breogán, Salva Arco; a Directora da UNED Lugo, Ana Traseira; e o xogador do C.B. Breogán, Sergi García.
Durante a visita, os alumnos/as coñeceron en detalle o proxecto, participaron nunha sesión de preguntas e respostas a Sergi e competiron en emocionantes xogos.
Felicitamos ao grupo de 5ºA por gañar un Mini Máximus como mascota para a súa aula e a tódolos gañadores de agasallos do C.B. Breogán e da Uned Lugo.