Este domingo 10 de setembro, no Pazo dos Deportes de Lugo, teremos a oportunidade de ver ao novo C.B. Breogán da tempada 23/24.
Unha cita que enfrontará ao noso conxunto contra o Valencia Basket e que non só se xogará na pista, xa que dende o C.B. Breogán adicarán o partido á Fundación Breogán.
Tódalas aportacións que recibamos, destinaranse integramente á doazón anual que dende a Fundación realizaremos en decembro deste ano.
As entidades que participasen no proxecto “Experiencia Breogán”, durante este 2023 serán as candidatas a recibir esta doazón.
Como o ano pasado, a elección terá lugar tras votación dos nosos socios benefactores.
Como seguro xa sabedes, os socios do C.B. Breogán tedes acceso de balde ao encontro, simplemente tedes que confirmar a vosa asistencia a través da app do C.B. Breogán. Nesa app, tamén podedes facer unha doazón á Fundación Breogán. Entre tódalas doazóns recibidas, sortearanse 3 camisetas de xogo do C.B Breogán desta nova tempada.