Novas

Fundación Breogán Diversia – 1º adestramento 23/24

O pasado venres retomamos a actividade do proxecto FUNDACIÓN BREOGÁN DIVERSIA, realizando un adestramento moi especial por varios motivos.


A maiores do emotivo reencontro entre adestradores e xogadores/as, a xornada servíu para presentar ao novo adestrador, José Manuel Teijido Santos, BENVIDO!


Asistíu ao adestramento Diego Lozano Carro, seleccionador nacional Slalom en cadeira de rodas da Federación Española de deportes para persoas con Discapacidade Física FEDDF.

O motivo da presenza de Diego era evaluar aos nosos xogadores/as e enviar as puntuacións á FEDDF e así seguir avanzando de cara a ter un equipo federado.

Na pista de FRIGSA coincidimos con algúns dos equipos da canteira do Estudiantes de Lugo que están a realizar a súa pretempada, que non quixeron deixar pasar a aportunidade de fotografiarse con nós.

Lembramos que este ano teremos dúas sesións de adestramento semanais e que as prazas para inscribirse e gozar deste maravilloso deporte xa se atopan abertas ata completar @s 12 integrantes do equipo.

Tódolos interesados/as podedes contactar con nós a través de info@fundacionbreogan.org e xuncasdiversia@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *