Hoxe recibimos ao CEIP A Ponte, nunha nova xornada para descubrir o corazón do CB Breogán!
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria viviron unha mañá chea de emoción, curiosidade e ilusión… especialmente cando atoparon ao seu profe no Corredor da Fama! 😄
José Manuel Cabezudo, que xogou no Breogán entre 1989 e 1993, pasou de ser mestre a protagonista dunha intensa (e divertida) rolda de prensa improvisada polos seus propios alumnos.



Acompañounos tamén Pablo, o director do centro, nunha visita que mesturou historia, valores e moito breoganismo 💙
Grazas por vir, por participar con tantas ganas e por formar parte desta experiencia inesquecible!
📌 Pazo Aberto é un programa da Fundación Breogán co apoio do Proyecto de Bana, pensado para achegar o baloncesto e os valores do C.B. Breogán aos máis pequenos.


