Novas

Pazo Aberto – CEIP de Bretoña

Día especial para os nenos e nenas do CEIP de Bretoña, que viviron unha xornada chea de emocións no corazón do breoganismo. Descubriron os segredos do Pazo dos Deportes, accederon a espazos exclusivos, coñeceron a historia do C.B. Breogán e, por suposto, compartiron un momento inesquecible na pista cos xogadores.

“Pazo Aberto” non é só unha visita, é unha experiencia que esperta ilusión, fomenta valores como o traballo en equipo e fortalece o sentimento de pertenza a esta gran familia que é o Breogán.

Grazas por compartir connosco esta xornada tan especial! Seguimos abrindo as portas do Pazo para inspirar ás futuras xeracións breoganistas.