Continuamos a recibir visitas de colectivos e equipos que desexan vivir de primeira man un adestramento do noso Proxecto Persoas.
Esta semana foi a quenda do equipo de baloncesto infantil feminino do Franciscanos Lugo, acompañadas polos seus adestradores Nerea Vieites e Chisco López, que tamén se sumaron ao equipo de adestradores e voluntarios do Proxecto para compartir esta experiencia. Ademais, como estamos en pleno Entroido, os atuendos dalgúns participantes e voluntari@s deixan claro que a diversión tamén forma parte do xogo!



Estas experiencias son fundamentais para todos, fomentando valores de inclusión, compañeirismo e aprendizaxe mutua. Grazas por compartir esta xornada con nós!


