Novas

Pazo Aberto – CEIP Luis Pimentel

Onte recibimos no Pazo aos nenos e nenas do CEIP Luis Pimentel (Lugo), nunha xornada chea de ilusión, descubrimentos e moito breoganismo.

Nesta ocasión estivemos acompañados de dúas novas Lendas Celestes: Tomás Jiménez e Juan Corral, que guiaron ao grupo polos recunchos máis especiais do Pazo e compartiron con eles anécdotas e momentos inesquecibles.

Como case sempre, os trofeos foron o que máis lles chamou a atención 😉. Alí agardábaos Marcos Fernández, xefe de prensa do @cbbreogan, que respondeu con paciencia e bo humor a todas as súas preguntas.

Outro instante máxico chegou cando puideron coñecer aos xogadores, pedirlles autógrafos e vivir ese encontro que tantas veces imaxinan desde as bancadas.

Grazas ao CEIP Luis Pimentel por vir e encher o Pazo de enerxía e sorrisos. Seguimos abrindo portas para achegar o baloncesto á nosa cativada!