Este domingo 30 celebramos un cuarto de século dunha das maiores xoias do noso patrimonio: a Muralla de Lugo, recoñecida pola UNESCO no ano 2000 como exemplo único de fortificación romana conservada na súa integridade.
Dende a Fundación Breogán sumámonos a esta conmemoración, poñendo en valor un símbolo que nos une, que nos identifica e que segue a recordarnos a importancia de coidar a nosa historia para construír o futuro.
🤍 Que este aniversario sexa tamén unha chamada a continuar protexendo e divulgando este legado que pertence a todas e todos.