Non deixamos de percorrer a provincia de Lugo coa nosa proposta de concienciación escolar sobre a economía circular e a reciclaxe, a través do proxecto que desenvolvemos xunto á UNED de Lugo e @ecoballution. ♻️🏀
Nesta ocasión achegámonos a Portomarín para visitar o CEIP Virxe da Luz e compartir cunha nova xeración de rapaces e rapazas unha mañá chea de aprendizaxe e participación.



A sesión comezou coa explicación do proxecto e do funcionamento do concurso, da man de Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán, acompañado por Alejandro Rodríguez (@unedlugo). Alí mesmo deixamos instalado o contedor de reciclaxe, para que dende xa poidan depositar elementos de escritura e comezar a participar activamente.
Coas redes recicladas de @ecoballution xa colocadas nas canastas do centro, chegou o momento máis esperado: o concurso de tiro, no que o alumnado puxo toda a súa enerxía e ilusión. A presenza de @maximusbreo foi o complemento perfecto para encher o patio de sorrisos, entusiasmo e bo ambiente.
Grazas ao CEIP Virxe da Luz pola acollida e polo seu compromiso cun proxecto que segue apostando polo deporte, a educación e a sustentabilidade. 💙♻️

