A Fundación Breogán e o Proyecto de BANA lanzan esta iniciativa única que convida aos escolares de primaria a vivir o espírito breoganista no Pazo dos Deportes de Lugo.
Que ofrece “Pazo Aberto”?
Acceso a zonas exclusivas do Pazo, como o vestiario, sala de preparación técnica e sala de prensa.
Dinámicas lúdicas que destacan valores como o traballo en equipo e a superación persoal.
Historias e tradicións que constrúen o sentimento breoganista.
Un concurso con premios exclusivos para os participantes.
Obxectivos:
Achegar aos máis pequenos ao baloncesto, fomentar o orgullo polo CB Breogán e fortalecer a conexión coa cidade de Lugo.
📅 Duración: 2 horas.
💻 Inscricións: Xa abertas na web oficial da Fundación Breogán.
Vive o baloncesto como nunca antes e descobre que o Pazo dos Deportes tamén é para ti!