DESCUBRINDO O CORAZÓN DO C.B. BREOGÁN

A Fundación Breogán e o Proyecto de BANA impulsan a segunda tempada de Pazo Aberto, unha iniciativa que achega ao alumnado de Primaria da provincia de Lugo ao corazón do CB Breogán a través dunha experiencia educativa e inesquecible no Pazo dos Deportes.

Durante a visita, os nenos e nenas descubrirán espazos exclusivos como o vestiario, a sala de preparación técnica ou a sala de prensa, coñecerán historias e curiosidades do club e participarán en dinámicas lúdicas centradas en valores como o traballo en equipo, o respecto e a superación.

Pazo Aberto ten como obxectivo fomentar o interese polo deporte e un estilo de vida saudable, fortalecer o sentimento de pertenza e inspirar unha nova xeración breoganista, conectando ás crianzas coa cidade e coa súa tradición deportiva.

📌 Dirixido a: alumnado de Primaria de colexios da provincia de Lugo
⏱️ Duración: 2 horas
👥 Máximo: 25 alumnos/as por visita
📅 Datas: 6 visitas na tempada 25/26

📝 Inscricións: a través da web da Fundación Breogán (inscricións pechadas)

¡Esperámoste no Pazo para vivir esta experiencia inesquecible!

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN (Inscricións pechadas)

 

Centros educativos participantes na 2ª edición

  • CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ - FRIOL
  • CEIP LUIS PIMENTEL - LUGO
  • CPR CERVANTES - LUGO
  • CEIPP MONTE BALIÑO - PANTÓN
  • CPI CERVANTES - CERVANTES
  • CEIP MENÉNDEZ PELAYO - LUGO
VISITA CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ - Friol
VISITA CEIP LUIS PIMENTEL - Lugo
VISITA CPR CERVANTES 4º Curso - Lugo
VISITA CEIPP MONTE BALIÑO - Pantón
VISITA COLEXIO CERVANTES 3º Curso - Lugo