Novas

Pazo Aberto – CEIP Rosalía de Castro (Pol)

O Pazo dos Deportes de Lugo volveu encherse de curiosidade e ilusión cunha nova xornada do programa Pazo Aberto, nesta ocasión coa visita dos nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro do Concello de Pol 🏀💙

Durante o percorrido, o alumnado puido coñecer de preto algúns dos espazos máis emblemáticos do Pazo, descubrindo a historia, a identidade e os valores que forman parte do día a día do Río Breogán e da súa comunidade.

Nesta ocasión, contaron ademais cun guía sorpresa moi especial: Erik Quintela, capitán do Río Breogán, que acompañou ao grupo durante a visita.
Foi unha mañá para aprender, preguntar, sorprenderse e sentir o baloncesto desde dentro, nun encontro no que o deporte volve ser unha ponte para achegar o club ás novas xeracións.

Grazas ao CEIP Rosalía de Castro pola visita e polo entusiasmo compartido. Seguimos abrindo portas para que o Breogán sexa, cada vez máis, de todos e todas.