A inclusión e o deporte volveron darse a man nunha xornada organizada por @enki_proyecto, na que participaron varios colexios da provincia de Lugo. 💙
Na estación dinamizada pola asociación @danocerebrallugo, os nenos e nenas puideron descubrir e probar a boccia, coñecendo como se xoga e desfrutando de varias partidas xunto aos membros da entidade.
Dende a Fundación Breogán seguimos apoiando iniciativas que empregan o deporte como ferramenta para educar en valores, fomentar a participación e construír unha sociedade máis inclusiva.


