Novas

Pequeñita conquista as residencias na primeira sesión de Pegadas da Memoria

Hoxe celebramos as primeiras sesións de Pegadas da Memoria, o programa de terapia cognitiva asistida con cans da Fundación Breogán nas residencias A Milagrosa e As Gándaras.

A educadora canina Virginia Torrecillas, xunto coa súa inseparable compañeira Pequeñita, protagonizaron unha actividade moi especial que encheu as salas de sorrisos, lembranzas e momentos de tenrura.

A conexión inmediata entre as persoas participantes e Pequeñita demostrou, unha vez máis, o enorme valor das intervencións asistidas con animais para estimular a memoria, favorecer a comunicación e mellorar o benestar emocional.

Este é só o comezo dun proxecto que continuará levando estas experiencias tamén a COGAMI.

🤝 Pegadas da Memoria é unha iniciativa da Fundación Breogán co patrocinio de Albia Funeraria Fernández.