A MILAGROSA

 

Esta actividade da Fundación Breogán iniciouse no Barrio da Milagrosa de Lugo.
 
Durante 4 sábados do mes de abril de 2022, levamos á rúa o deporte, o baloncesto e os hábitos de vida saudables ós rapaces que se quixeron achegar á céntrica praza deste coñecido Barrio de Lugo.
A resposta foi inmellorable. En total, máis de 300 rapaces acudiron á chamada da Fundación Breogán e participaron activamente nesta actividade patrocinada e organizada polo CONCELLO DE LUGO e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E XUVENTUDE a través do Programa +XTI.
 
Nesta primeira parada do “Basket Na Rúa”, os participantes da actividade gozaron da presencia de xogadores do C.B.Breogán, Speaker, adestramentos divididos por estacións, competicións…etc.
 
En definitiva, unha festa do deporte, do baloncesto e dos hábitos de vida saudables, que a Fundación Breogán levará cada mes a un barrio diferente de Lugo.
 
Paralelamente á actividade propia, acadamos un segundo obxectivo, dinamizar e encher de vida e de rapaces practicando deporte o barrio Da Milagrosa. Dun xeito ou doutro, os veciños da zona tamén son partícipes e testemuñas desta actividade dinamizadora e revitalizadora dos nosos barrios.
 
Marchamos da Milagrosa satisfeitos polo traballo realizado e pola resposta obtida a tódolos niveis. Marchamos, pero tan só é un ata logo, o II Basket Na Rúa arranca xa no barrio de Fingoi.

 

 

Related Projects