FINGOI

 

A segunda parada do proxecto Basket na Rúa levounos ata o Barrio de Fingoi.
 
Durante 4 sábados do mes de maio de 2022, levamos á rúa o deporte, o baloncesto e os hábitos de vida saudables ós rapaces que se quixeron achegar a este coñecido Barrio de Lugo.
A resposta foi inmellorable. En total, máis de 250 rapaces acudiron á chamada da Fundación Breogán e participaron activamente nesta actividade patrocinada e organizada polo CONCELLO DE LUGO e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E XUVENTUDE a través do Programa +XTI.
 
Neste segundo turno do “Basket Na Rúa”, os participantes da actividade gozaron da presencia de xogadores do C.B.Breogán, Speaker, adestramentos divididos por estacións, competicións…etc.
 
En definitiva, unha festa do deporte, do baloncesto e dos hábitos de vida saudables, que a Fundación Breogán leva cada mes a un barrio diferente de Lugo.
 
Paralelamente á actividade propia, acadamos un segundo obxectivo, dinamizar e encher de vida e de rapaces practicando deporte o barrio de Fingoi. Dun xeito ou doutro, os veciños da zona tamén son partícipes e testemuñas desta actividade dinamizadora e revitalizadora dos nosos barrios.
 
Marchamos de Fingoi satisfeitos polo traballo realizado e pola resposta obtida a tódolos niveis. Marchamos, pero tan só é un ata logo, o III Basket Na Rúa arranca xa no barrio do Sagrado Corazón.

 

 

 

Related Projects