SAGRADO CORAZÓN
A terceira parada do proxecto Basket na Rúa levounos ata o Barrio do Sagrado Corazón.
Durante 4 sábados do mes de xuño de 2022, levamos á rúa o deporte, o baloncesto e os hábitos de vida saudables ós rapaces e rapazas que atenderon a chamada da Fundación Breogán.
En total, máis de 300 rapaces participaron activamente nesta actividade patrocinada e organizada polo CONCELLO DE LUGO e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E XUVENTUDE a través do Programa +XTI.
Neste terceiro “Basket Na Rúa”, os participantes voltaron a gozar da presencia de xogadores do C.B.Breogán, Speaker, adestramentos divididos por estacións, competicións…etc.
En definitiva, unha festa do deporte, do baloncesto e dos hábitos de vida saudables, que a Fundación Breogán levou cada mes a un barrio diferente de Lugo.
Paralelamente á actividade propia, acadamos un segundo obxectivo, dinamizar e encher de vida e de rapaces practicando deporte o barrio do Sagrado Corazón. Dun xeito ou doutro, os veciños da zona tamén son partícipes e testemuñas desta actividade dinamizadora e revitalizadora dos nosos barrios.
Rematamos por esta tempada satisfeitos polo traballo realizado e pola resposta obtida a tódolos niveis. Marchamos, pero tan só é un ata logo, o IV Basket Na Rúa arrancará co inicio do novo curso escolar 22/23.