Novas

Presentamos MATUMAINI: Baloncesto, integración e esperanza.

Hoxe foi un día especial para a Fundación Breogán, xa que presentamos oficialmente Matumaini, un novo proxecto social que amplía o noso compromiso co deporte como ferramenta de integración.

Matumaini (que significa “esperanza” en suahili) está dirixido a rapaces solicitantes de asilo, que adestrarán os venres pola tarde no CEIP Anexa. Esta iniciativa é a versión masculina da parte social do Proxecto Cris Seijo, que promove o baloncesto feminino e agora expande o seu alcance para ofrecer tamén esta oportunidade aos mozos.

O acto contou coa presenza de representantes de todas as entidades colaboradoras:

Institucións e entidades presentes:

Xunta de Galicia – Delegado Territorial, Javier Arias
Concello de Lugo – Concelleiro de Deportes, Jorge Bustos
UNED Lugo – Directora, Ana Traseira
Universidade de Santiago de Compostela – Vicerreitor, Francisco Fraga
Diaconía – Coordinador xeral, Samuel del Árbol
CEIP Anexa – Director, Iago Corral
Cruz Vermella Lugo – Presidente provincial, Luis Abelleira

Ademais, acompañando ao director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, estiveron o capitán do CB Breogán, Erik Quintela, e o monitor da actividade, Aitor Vázquez.

Seguimos traballando para que o baloncesto sexa unha porta aberta a novas oportunidades e unha ferramenta de inclusión!