Novas

Prevención de riscos laborais

Esta mañá, o noso director Salva Arco, estivo con José Ferro Ares (responsable comercial de Ibersys) na sede da empresa en Lugo, renovando o contrato de Prevención de Riscos Laborais para este 2023.

A nosa Empresa Benefactora, unha das líderes do sector con máis de 20 anos de experiencia, acompañaranos un ano máis na importante tarefa de velar pola seguridade e a saúde laboral de tódolos que formamos parte da Fundación Breogán.

Grazas Ibersys por poñer ó servizo da Fundación Breogán a vosa experiencia e profesionalidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *