Desde a Fundación Breogán impulsamos Boas Prácticas: Xestión emocional e saúde global en Educación Física, un proxecto educativo dirixido ao alumnado de Educación Primaria que utiliza o deporte como ferramenta para promover o benestar físico, mental e social.
A través da Educación Física trabállanse a intelixencia emocional, os hábitos de vida saudables, a igualdade, a saúde mental e a prevención de condutas insanas, sempre desde unha visión integral da saúde.
📍 O programa desenvolverase en centros educativos de Lugo durante os meses de xaneiro a marzo, con sesións presenciais e charlas impartidas por profesionais especializados.
👥 Ponentes do proxecto:
- Dra. María Núñez – Presidenta do Colexio de Odontólogos de Lugo (saúde bucodental).
- Adrián Callejo – Fisioterapeuta do CB Breogán (prevención de lesións).
- Laura Sas – Máster en Alimentación na Actividade Física e o Deporte (nutrición).
- Luis Abel Taboada – Director da Fundación Breogán (psicoloxía do deporte e saúde mental).
- Leticia Fernández Villamarín – Titulada en Educación Física e INEF (saúde física e deporte).
- Nicolás Martínez Adega – Campión do mundo de paracanoe (deporte adaptado).
💙 Educamos en valores, promovemos saúde e formamos persoas máis conscientes, empáticas e responsables.