Novas

Dúas lideranzas, unha historia compartida

Hoxe queremos destacar un feito especial para a familia do C.B. Breogán: Carmen Lence, presidenta do C.B. Breogán, e Nuria Varela-Portas, a nova presidenta da Fundación Breogán, dúas mulleres con profunda vinculación co baloncesto lucense e co noso proxecto de impacto social.


Esta coincidencia non é casualidade, senón froito dunha historia que leva décadas tecida en Lugo.

Carmen Lence e Nuria Varela – Portas, dúas presidentas, unha historia e un mesmo compromiso co Breoganismo.

🔹 Carmen Lence lidera o club celeste aportando a súa perspectiva e compromiso nunha etapa de crecemento, continuidade e renovada ilusión que reforza o proxecto deportivo e social do Breogán.

🔹 Nuria Varela-Portas asume a presidencia da Fundación Breogán con ilusión e responsabilidade, continuando o legado dunha familia estreitamente unida ao baloncesto lucense. O seu pai, Juan Varela-Portas, foi unha das figuras fundamentais na fundación do C.B. Breogán en 1966, un club que con el comezou a sua historia e que se converteu nun símbolo do deporte na cidade.

Juan Varela – Portas e Pardo, fundador do CB Breogán no 1966 xunto aos seus irmáns.

Ademais, non podemos esquecer a figura de Jesús Lence, empresario e expresidente do C.B. Breogán, lembrado por ser un dos grandes apoiadores e patrocinadores da entidade. A súa paixón polo baloncesto galego marcou un antes e un despois no desenvolvemento do club.

Jesús Lence, na súa etapa como presidente do CB Breogán, felicitando aos xogadores no vestiario ©Diario Marca

Hoxe celebramos o pasado, o presente e o futuro: dúas mulleres á fronte das institucións que dan vida e impulso ao Breogán, mantendo viva a chama dun legado transmitido xeración tras xeración.