Novas

AROS Vida en acción

Cada adestramento do 𝗣𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼 𝗔𝗥𝗢𝗦 𝗩𝗜𝗗𝗔 é moito máis ca deporte: é encontro, é superación, é confianza que nace paso a paso. Constrúense espazos onde cada persoa conta, onde a diversidade suma e onde o compañeirismo marca o ritmo.

Da man de @cogami_lugo, continuamos esta andaina chea de aprendizaxe compartida, ilusión e pequenos grandes logros que fan grande o proxecto.

Grazas ás persoas participantes pola súa entrega, á nosa adestradora Maisa López polo seu compromiso diario e ao equipo de COGAMI Lugo por camiñar connosco.

Porque en AROS Vida o importante non é só xogar…
é sentir que formas parte.