Mañá toca volver á pista! O Seijo Team disputa a cuarta xornada da Liga de Veteranas FEGABA 25/26, desta vez en Vilagarcía, fronte ao Kemegal CLB.
Un novo reto para seguir construíndo, partido a partido, un proxecto que vai moito máis aló do marcador: compañeirismo, esforzo, aprendizaxe e esa paixón polo baloncesto que segue máis viva ca nunca.
Porque o Proxecto Cris Seijo é iso: un espazo para competir, desfrutar e seguir medrando xuntas, demostrando que a ilusión non entende de idades.
Imos con todo, equipo! 💙