O Seijo Team asinou este domingo unha contundente vitoria por 26 a 81 fronte ao Kemegal CLB na cuarta xornada da Liga de Veteranas FEGABA 25/26, nun partido disputado en Vilagarcía.
As rapazas de Juan Corral volveron ofrecer unha actuación moi sólida, dominando o encontro con intensidade, bo ritmo de xogo e unha gran conexión colectiva ao longo de todo o partido.



Un novo paso adiante para o equipo dentro do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán, que segue medrando na pista e demostrando os valores que o inspiran: esforzo, compañeirismo e amor polo baloncesto.
Seguimos! 💙


